
- Este evento ha pasado.
Presentación do libro STOP
5 de mayo, 2018 - 12:30

Presentación e dedicatorias do libro por elerre, autor da historia e dos debuxos, dunha obra de banda deseñada editada por Figurandorecuerdosedicions que nos achega o mundo rural e o da inmigración
“STOP” arrinca dende o Sur máis miserable, unha África subsahariana da que un mozo fuxe na busca dun mañá incerto pero soñado nun Norte desnortado»
«…fermosa BelezaDebuxada(BD) do debuxanteescritor galego elerre …»
elerre sae de dúas letras sacadas do patronímico e a matronimia, unha forma de agocharse e desvencellarse do facer cotián (da decente docencia) polo debuxar do maxín (de indecentes ideas). Empurrado por aqueles que saben do meu querer en figurar imaxinacións e tamén recordos, van saíndo distintos e esporádicos faceres coma carteis, ilustracións para algunhas publicacións literarias e agora, asomando do caixón, unha historia de cores relatada en secuencias de cadros que non son quen de limitar o seu contido e queren contar algo.