
- Este evento ha pasado.
Limpeza simultánea de ríos
25 de septiembre - 10:30

Limpeza Simultánea de ríos
A XV Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos” se celebrará este 25 de setembro e mobilizará a numerosos voluntarios e voluntarias que se desprazarán aos ríos destes 41 concellos para deixalos libres de lixo, nunha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social.
En Lugo está prevista a limpeza en dous treitos do río Rato, na zona de Albeiros a
limpeza é coordinada por ADEGA Lugo, e na zona da desembocadura no Miño, polas enƟdades UNED Lugo e Coidemos Lugo.
Os puntos de encontro para as limpezas son:
– Río Rato (Zona de Albeiros): 10.30h diante do local de ADEGA en Ronda das FonƟñas 180.
– Río Rato (Zona desembocadura): 11h no aparcadoiro do Parque do Miño na Tolda. Neste treito é preciso inscribirse a través desta ligazón.
Recoméndase ás participantes levar roupa e calzado axeitados, así como luvas de
goma.
Para máis información, poden chamar ao 982240299 ou escribir a adegalugo@adega.gal
As voluntarias serán agasallados cunhas camisolas co lema da limpeza.