martes, octubre 4, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Ludantia: I Bienal Internacional de Educación en Arquitectura para a Infancia e Mocidade

29 de abril, 2018 - 11:00 - 14:00

Presentación en Lugo da I Bienal Internacional de Educación en Arquitectura para a Infancia e Mocidade

Domingo  29/04 de 11:00 a 14:00
Praza Maior, 27001 Lugo (Lugo), España

7 cidades galegas. 7 taboleiros de xogo. 7 obradoiros participativos. A Coruña, Ferrol , Santiago, Lugo, Ourense, Vigo e Pontevedra serán sedes dunha serie de obradoiros participativos que culminarán coa celebración en Pontevedra da I Bienal Internacional de Educación en Arquitectura para a Infancia e Mocidade que se inaugurará o día 10 de Maio

Organizada pola Deputación e o Concello de Pontevedra, pola Xunta de Galicia e polo Colexio oficial de Arquitectos de Galicia COAG, a bienal, a través das delegacións do COAG, convida a nenos e familias a un achegamento ao espazo público, á arquitectura e ao patrimonio a través de obradoiros organizados por colectivos especializados en arquitectura e infancia. Os sentidos, a xeometría, a construción e o planeamento danse a man nunhas xornadas que esperamos compartir con toda a cidadanía.

Pode consultarse a información relativa aos obradoiros e á propia bienal na seguinte ligazón.
+Info http://ludantia.wixsite.com/bienal-internacional

 

Detalles

Fecha:
29 de abril, 2018
Hora:
11:00 - 14:00
Categoría del Evento:
X