jueves, junio 30, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Ludus Gaming Festival, cita cos videoxogos en Lugo

29 de marzo, 2019 - 31 de marzo, 2019

Ludus Gaming Festival, cita para amantes dos videoxogos en Lugo

Venres, 29 de marzo, de 17:00 a 22:00 horas, o sábado 30 de marzo, de 11:00 a 22:00 horas e o domingo, 31, de 11:00 a 20:00 horas

Lugar: Casa do Deporte

O acceso é totalmente de balde

Como non podía ser doutro xeito nun evento gaming, esta cita contará coa participación de famosos youtubers e videogamers. En concreto, formarán parte do Ludus Gaming ZormAn, con máis de 1,4 millóns de suscriptores no seu canal, Álex Alguacil, campión do mundo de PES e Aidy García Cortés, que conta con máis de 19.000 seugidores en Twitter e é player do club Giants Gaming.

O Ludus Gaming Festival estará composto por 8 zonas diferenciadas: torneos, talleres, free play, simuladores, retorarcade, visionado, animación e mainstage.

1. Zona torneos: disputaranse 4 torneos onde poderán participar ata 1.500 xogadores e xogadoras.

• Fortnite: bracket para 300 participantes
• Clash Royaye: bracket para 800 participantes
• FIFA 19: bracket para 300 participantes
• League of Legends: 5×5 para 250 participantes

Organizarase unha competición para cada un dos torneos descritos cun único cadro onde as rondas clasificatorias se desenvolverán dende o venres tarde ata a xornada do domingo, que terminará coas finais. Os torneos configuraranse baixo inscrición previa e con número de prazas limitado.

Cada un dos torneos disporá dos seus premios correspondentes: tablets, PS4 ou cadeiras gamming, entre outros.

INSCRICIÓNS 

As inscricións para os 4 torneos do Ludus Gaming Festival 2019 pódense realizar ben a través da páxina web do Concello, www.lugo.gal, ou no enderezo electrónico https://ebone.es/ebone-organiza-videojuegos-ludus-gaming/

2. Zona talleres: acollerá, de forma alternativa entre os días de desenvolvemento do evento, un Taller de Programación e Voo de Drons e un Taller de Robótica, basado na construción de condución en circuíto de boots.

3. Zona free play: onde se poderán atopar máis de 20 postos de xogo para distintas videoconsolas: PS4, Xbox One ou Nintendo Wii.

4. Zona retro arcade: configurada en modo de xogo libre, asistida por monitores que orientarán ás persoas asistentes, e contará con ata 6 postos retro con máis de 1.500 videoxogos arcade vintage.

5. Zona simulador e VR: espazo onde o público poderá gozar de experiencias racing car para as persoas amantes da fórmula 1 con ata 4 simuladores e xogos de realidade virtual aumentada con outras 4 simuladores de realidade virtual.

6. Zona animación: un espazo divertido, singular e artístico que combinará as seguintes accións:

• Zona singstar/ just dance / kpop: un espazo con postos de xogo para estas modalidades
• Animación e dinamización: mascotas e personaxes gaming (Mario Bros, Luigi, Pikachu, Minions…) aparecerán en distintas sesións para interactuar coas persoas asistentes.
• Meet & Greet: un espazo onde as e os participantes terán a ocasión de coñecer en exclusiva aos seus youtubers favoritos.
• Beat the pro: sesións onde as persoas participantes poderán tratar de bater ao seu índolo no seu xogo favorito.

7. Zona filmoteca/visionado: organizarase nas xornadas de venres e sábado sesións-marathon no que se poderán ver diferentes contidos audiovisuais (películas, curtos ou series), relacionados coas temáticas que nos ocupan: StarWars, Marvel ou Hero.

8. Zona mainstage: un escenario acompañado dunha impresionante pantalla LED onde terán lugar algunhas das accións descritas anteriormente.

Tamén haberá unha zona Food & Truck no exterior do pavillón, con servizo de comida, e destaca tamén un espazo de ocioteca.

Promove: Concello de Lugo

Detalles

Comienza:
29 de marzo, 2019
Finaliza:
31 de marzo, 2019
Categoría del Evento:
X