13.2 C
Lugo
Mar, 23 Abr 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Lugo Cultural – Concerto da pianista luguesa Andrea Vilar

22 de mayo, 2023 - 20:30

Lugo Cultural – Concerto da pianista luguesa Andrea Vilar

A pianista luguesa Andrea Vilar López ofrece este luns 22 de maio, a partir das 20.30 horas, no auditorio da Casa do Saber, un concerto no marco do ciclo ‘Na Calzada’, promovido ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo e Cultura Concello de
Lugo.

A artista rabandese, que na actualidade compaxina a súa formación en Budapest cun
doutoramento en Música na Universidade de Aveiro, iniciouse na música no
conservatorio da súa  cidade para logo acadar título superior con honores  na Escola
Superior de Música de Catalunya (ESMUC), en Barcelona, co profesor Jordi Camell.
Durante este tempo, Andrea Vilar López recibiu o Premio Extraordinario ás Ensinanzas
Artísticas, un galardón outorgado pola Xunta de Galicia.

Vilar Lopez perfeccionou as súas competencias artísticas en Madrid co profesor Kennedy
Moretti, para logo completar un mestrado en investigación musical na Universidade
Internacional de Valencia. Desde setembro de 2021, Andrea Vilar fórmase na Academia
Franz Liszt de Budapest co maestro András Kemenes.

Detalles

Fecha:
22 de mayo, 2023
Hora:
20:30
Categoría del Evento:

Local

Casa do Saber
Praza Pío XII, 3
Lugo, Lugo 27001
+ Google Map