martes, octubre 4, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Lugo Cultural – Performance de María Roja e María Chiginskaya

13 de febrero, 2020 - 21:00

Lugo Cultural - Performance de María Roja e María Chiginskaya: Ada ou contar de memoria unha novela de Nabokov

Lugo Cultural – Performance de María Roja e María Chiginskaya: Ada ou contar de memoria unha novela de Nabokov

13 de febreiro – Casa do Saber – 21:00 horas

Dentro do programa Lubicán – Xoves de Moda

Creación: María Roja
Performers: María Roja + Maria Chiginskaya

Ao longo dos primeiros meses do ano 2018, padecín un problema ocular a raíz do cal me vin privada do sentido da vista. Abastecida de cada vez máis escasos entretementos co paso das semanas, alguén deu en lerme en voz alta, a anacos diarios, a novela de Vladimir Nabokov titulada Ada ou o ardor. Así coñecín esta historia.

Masha leu este libro no ano 2002, durante a primavera, mentres preparaba os seus exames da universidade en San Petersburgo. Comezou a súa lectura para impresionar ao seu profesor de Literatura, do que estaba platónicamente namorada, quen desconfiaba da capacidade do seu alumnado para comprender esta obra. Así coñeceu esta historia.

Agora, ímosvola contar, de memoria. Ada ou Contar de memoria unha novela de Nabokov é unha acción na que se propón unha sorte de visita guiada ao rexistro que do texto permaneceu nas performers de xeito natural, entretecido este con acontecementos persoais íntimos e eventos históricos de certa relevancia xustapostos no tempo a dita escoita/lectura. A través dun inventario narrativo e formal descontinuo, desbótase a reconstrución fiel do relato textual en favor da implicación física do corpo e do contexto no
acto de recordar.

Ada ou Contar de memoria unha novela de Nabokov tenta ser un exercicio de rescate da memoria orgánica, debedor das nosas tradicións oral e física.

Programa completo do Lugo Cultural 

Detalles

Fecha:
13 de febrero, 2020
Hora:
21:00
Categoría del Evento:

Local

Casa do Saber
Praza Pío XII, 3
Lugo, Lugo 27001
X