Idade recomendada; Público adulto.
Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire.
Sinopse:
Demente», é unha obra de baile e música tradicional galega. O seu elenco está composto por oito bailadoras e bailadores, acompañados da música do compositor e músico multidisciplinar Cristian Silva Bóveda.
Todo isto desenvólvese dentro dun marco escénico e cun vestiario deseñado por Carlos Alonso Alonso, xunto co deseño de iluminación de Fidel Vázquez Díaz.
A parte máis física e a estética contemporánea preséntase a través dos ollos da bailarina e coreógrafa catalá Carla Diego Luque como directora artística.
Entradas: A través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte