miércoles, octubre 5, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Lugo en Danza – «Nó»

17 de junio - 20:00

Lugo en Danza – «Nó»
Cia Elahood
17 de xuño de 2022 20:00
CICLO LED 2022
Auditorio Municipal Gustavo Freire
60 minutos

“Teño algo importante que dicir pero aínda non sei o que é” esta frase sitúase como punto de partida da nova creación da compañía Elahood.

Unha proposta de danzas urbanas baixo unha mirada de creación contemporánea en co-produción co Centro Coreográfico Galego | Agadic.

O proxecto Nó lanza unha mensaxe contradictoria e anima aos públicos a descifrala por elxs mesmxs. Mentres a compañía afirma “non ter nada importante que dicir”, na súa peza vense mensaxes rotundas que atenden ás necesidades e carencias da situación socio-económica actual. A precaridade laboral, a identidade de xénero ou as novas tecnoloxías, son algunhas das temáticas polas que transita a peza, unha dramaturxia que se achega aos discursos que ocupan o debate actual, anticipando unha ruptura cunhas formas de facer preestablecidas.

O espectáculo conta coa estética máis característica da compañía, unha danza precisa, limpa e extremadamente coordinada que atende a unha musicalidade concreta. A compañía continúa a súa aposta particular por unha linguaxe visual e coidada, que neste espectáculo abraza a presenza do texto, a voz e a ironía.

Onde reside a importancia do importante?

Debemos subirnos a un escenario sempre coa resposabilidade de defender un discurso?

Nó é un collage que parte da intuición más naif de dúas mulleres galegas que se rinden a ter que ser importantes. Unha proposta escénica contemporánea que invita á reflexión colectiva das preocupacións actuais.

ENTRADAS

Detalles

Fecha:
17 de junio
Hora:
20:00
Categoría del Evento:

Local

​Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
Lugo, Lugo 27003 Spain
+ Google Map
Teléfono:
982 24 44 05
X