Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Lugo Folk – charlas e concertos na segunda xornada

2 de octubre

Lugo Folk – charlas e concertos na segunda xornada
PROGRAMA
Sábado 2

13:00h Conferencia a cargo de Fernando Iñíguez – A situación do folk no Estado Español (Director La Tarataña de Radio 3) – Auditorio Caldiae

20:00h Concerto Manuel Luna ¬ Brena La Música (Cantabria) e a continuación Etno Miguel Afonso (Canarias)

Manuel Luna, antropólogo e músico, coñecido pola súa vinculación aos estudos patrimoniais da cultura ibérica, é profesor universitario, investigador e tamén creador de varias bandas de música de raíz e outras formacións musicais do terreo, ademais de divulgador destas músicas, por anos, en Radio 3 e outras emisoras nacionais. Agora preséntanos unha nova faceta da súa obra artística, procedente das músicas da Iberia do norte. O cantante, de orixe cántabra, con máis dunha quincena de traballos no seu historial, decide de novo achegarse ás músicas do Cantábrico

ETNO (Canarias)

Miguel Afonso é un dos músicos populares más consolidados e de maior proxección do arquipélago canario. Crea un estilo propio e marca un camiño persoal, que o levou a converterse nun dos músicos canarios máis prolíficos hoxe en día. Iniciou unha longa viaxe polo mundo da música tradicional, realizando investigacións sobre a tradición musical nas illas e dedicándose estes últimos anos ao estudio do acordeón como instrumento de gran repercusión en Canarias.

Aínda que os  seus traballos estean fondamente enraizados na tradición, Miguel Afonso  creou unha música sen fronteiras, mesturada cos aromas, ritmos e cores de outros lugares e outras culturas, aberta ao mundo sen complexos, con respecto e sobre todo coa ilusión e a curiosidade de todo aquel que ama o que fai. Asemade, presentou recentemente o seu sexto traballo discográfico, “Islas”.

Unha viaxe pola música dos arquipélagos atlánticos de Cabo Verde, Madeira, Azores e Canarias, contando coa colaboración de músicos como Emiliano Toste (Azores), Sara Alhinho (Cabo Verde) e o grupo Xarabanda (Madeira). Temas tradicionais de aquí, algúns con certas reminiscencias africanas e europeas, así como aires moi portugueses. O que da lugar a unha fusión moi colorista.

Domingo 3

13:00h Mesa redonda con: Ricardo Ros (As gaitas de boto na música catalá); Agus Barandiaran “O fol do inferno: orixe e evolución da trikitixa»
Manuel Luna “Etnomúsicas e globalización na era dixital” ; Etno Miguel Afonso (Músicas de raíz nas Illas Canarias). Auditorio Caldiae

20:00h Concerto Ros (Catalunya) e a continuación Concerto Korrontzi (Euskadi)

INFORMACIÓN COMPLETA E ENTRADAS EN:

Detalles

Fecha:
2 de octubre
Categoría del Evento:

Local

Sala Tebras
 Pza Viana do Castelo 3
27003, Lugo