Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Lugo Folk – Charlas e concertos na última xornada

3 de octubre

Lugo Folk – Charlas e concertos na última xornada

PROGRAMA
Domingo 3

13:00h Mesa redonda con: Ricardo Ros (As gaitas de boto na música catalá); Agus Barandiaran “O fol do inferno: orixe e evolución da trikitixa» Manuel Luna “Etnomúsicas e globalización na era dixital” ; Etno Miguel Afonso (Músicas de raíz nas Illas Canarias). Auditorio Caldiae

20:00h Concerto Ros (Catalunya) e a continuación Concerto Korrontzi (Euskadi)

ROS é o novo proxecto do músico catalán Ricard Ros i Roig centrado na tradición musical catalá e na súa cornamusa, o sac de gemecs. Coa experiencia dos grupo “RIU” e “Qui hi ha?” o frautista e gaiteiro emprende o seu camiño máis persoal ben acompañado da violinista catalá Marta Barbero, o bouzukista portugués Luís Peixoto e as caixas de ritmos e sintetizadores do arxentino Lucho Torres.

O repertorio nútrese de novas composicións e pezas como o ball pla, a sardana e a xota. Centradas na tradición catalá, as composicións, propoñen revalorizar a presenza da súa gaita, “o sac de gemecs”.

Korrontzi (Euskadi)

Korrontzi, banda de música tradicional (País Vasco) formada por Agus Barandiaran en 2004. Ofrece unha fusión de sons tradicionais de música folclórica do País Vasco cun aspecto contemporáneo, sempre desde a perspectiva dunha música baseada na trikitixa (acordeón diatónico vasco) e acompañada por instrumentos máis modernos.

Korrontzi ten dez álbums publicados ao longo dos seus dezasete anos viaxando coa súa cultura, idioma, danza e música, visitando países tan diferentes como Canadá, Eslovenia, Inglaterra, Marrocos, Alemaña, Estados Unidos, Romanía, Francia, Cabo Verde, Irlanda, Brasil, Malaisia, Grecia, Bélxica, República Checa, Italia, Isla Reunión, Portugal … e converténdose en escaparate da tradición vasca en festivais de música de todo o mundo, onde sempre recibiron unha gran ovación e eloxios.

Foron galardoados con numerosos premios e mencións, como a súa selección en “WOMEX official selection» en 2014 e 2019, os «World Music Charts» ou «Mellor Banda Europea, Eurofolk» entre outros.

Resumindo, Korrontzi é un grupo de música vasca que non deixa indiferente a ninguén, coa súa forza e enerxía é capaz de transmitir dende sons antigos ás novas tendencias do folk cunha visión única e progresista.

INFORMACIÓN COMPLETA E ENTRADAS EN:

Detalles

Fecha:
3 de octubre
Categoría del Evento: