Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Lugo Folk – charlas e concertos primeira xornada

1 de octubre

Lugo Folk – charlas e concertos primeira xornada
PROGRAMA –
Venres 1

21:30h Cea- Concerto do guitarrista flamenco Alberto Lucena (Andalucía)– Restaurante Vexetarian

Alberto Lucena nace en Córdoba en 1972, coa idade de dez anos comeza a súa andadura como guitarrista. Aos doce anos, ingresa no Conservatorio Superior de Música de Córdoba; Manuel Cano foi o espello no que se mirou,  del aprendeu a técnica máis complexa; aos dezasete anos termina a súa formación conseguindo o titulo de grao medio de guitarra, no Conservatorio Superior de Musica de Córdoba.

Os primeiros anos da súa carreira profesional, destaca como artista de acompañamento ao baile, pasando polas academias máis importantes da cidade. Nos anos 90/91 realiza a súa primeira xira europea percorrendo Alemaña e Suíza, e en 1993 ata 1995 instalase en Madrid e ingresa no tablao flamenco «CASA PATAS».

PREMIO Concurso Nacional de Arte Flamenco de Córdoba no ano 98, o premio en guitarra de acompañamento «Manolo de Huelva» Dende este momento convertese en guitarrista oficial de dito concurso, compartindo escenario e premios cos máis importantes e galardoados artistas flamencos do cante como Antonio Porcuna «El Veneno» , » El Chozas»; ou do baile Belén López, Lola Perez e Fran Espinosa.

Dende hai sete anos forma parte do tablao flamenco de Córdoba «CARDENAL». Na actualidade acompaña nas súas actuacións ao cantaor Raul Alcantara Chacon » EL TROYA»  obtendo inmunerables premios, entre os cales destacan «el MELON DE ORO Loferro (Murcia)»  e o concurso en Ubeda (Jaen) e ao bailaor Fran Espinosa nas súas xiras obtendo grandes éxitos.

Dende o ano 2008 ata as ultimas edicións, Alberto Lucena forma parte do prestixioso cartel de a «Noche Blanca del Flamenco», compartindo protagonismo con outros artistas de alto nivel e en este último ano como concertista coas súas propias composicións, obtendo unha gran crítica.

 

Sábado 2

13:00h Conferencia a cargo de Fernando Iñíguez – A situación do folk no Estado Español (Director La Tarataña de Radio 3) – Auditorio Caldiae
20:00h Concerto Manuel Luna ¬ Brena La Música (Cantabria) e a continuación Etno Miguel Afonso (Canarias)

Domingo 3

13:00h Mesa redonda con: Ricardo Ros (As gaitas de boto na música catalá); Agus Barandiaran “O fol do inferno: orixe e evolución da trikitixa»
Manuel Luna “Etnomúsicas e globalización na era dixital” ; Etno Miguel Afonso (Músicas de raíz nas Illas Canarias). Auditorio Caldiae

20:00h Concerto Ros (Catalunya) e a continuación Concerto Korrontzi (Euskadi)

INFORMACIÓN COMPLETA E ENTRADAS EN:

Detalles

Fecha:
1 de octubre
Categoría del Evento:

Local

Vexetarian
Praza Viana do Castelo 3
Lugo, Lugo 27003
Teléfono:
https://www.instagram.com/vexetarian_lugo/
Web:
https://www.instagram.com/vexetarian_lugo/