
María López Sández ingresa na Real Academia Galega
11 de marzo - 12:00

María López Sández ingresa na Real Academia Galega
María López Sández (Lugo, 1973) ingresará na Real Academia Galega como membro de número o sábado 11 de marzo nunha sesión extraordinaria pública que terá lugar no Círculo das Artes de Lugo, a súa cidade natal.
A filóloga e escritora pronunciará o discurso titulado Onde abrolla o manancial: a paisaxe na raíz do ensaísmo galego, ao que lle dará resposta en nome da institución a académica Marilar Aleixandre.
A entrada é libre ata completar a capacidade da sala, terá lugar a partir das 12:00 horas
A sesión poderá seguirse tamén en directo dende academia.gal