Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Masterclass de improvisación co músico Brian Charette

23 de octubre - 12:00

Masterclass de improvisación co músico Brian Charette

O pianista de jazz achega os seus coñecementos sobre improvisación nunha sesión
aberta ao público que se desenvolve este sábado, ás 12.00 horas, na Casa do Saber

O organista norteamericano Brian Charette ofrecerá unha masterclass sobre música moderna, na que achegará ao público os seus coñecementos sobre a improvisación no jazz co obxecto de familiar a todas as personas con aspectos básicos deste estilo musical.

Brian Charette comezou a súa carreira artística tocando con músicos como Lou Donaldson ou Houston Person.

Nomeado aos Grammys americanos, Charette, que forma parte do Czech Summer Jazz Workshop no Jesek Conservatory de Praga, traballou con artistas como Joni Mitchell, Chaka Khan, Paul Simon ou Cyndi Lauper.

Na súa faceta pedagóxica, cómpre destacar os seus artigos en publicacións como
Keyboard Magazine, The New York City Jazz Record ou DownBeat. Asemade, no
plano editorial, tamén publicou para Hal Leonard o volume ‘101 Hammond B3
Tips’.

Detalles

Fecha:
23 de octubre
Hora:
12:00
Categoría del Evento:

Local

Casa do Saber
Praza Pío XII, 3
Lugo, Lugo 27001