16.5 C
Lugo
Mar, 30 May 2023
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Mercadiños do Miño Localmente Lucense

31 de julio, 2022

Mercadiños do Miño Localmente Lucense. Domingo de 11.00 a 15.00 e de 17.00 a 21.00 h no Paseo Fluvial do río Miño. + INFO

Domingo 31 de xullo

11.00 h – 21.00 h. Música ambiental: para complementar o impacto visual co resto de sentidos nun ambiente envolvente.

11.00 h – 21.00 h. Photocall: durante todo o día poderás gozar dun espazo para tomar fotos de recordo.

11.00 h. Apertura dos mercadiños: breve acto oficial

11.00 h. Presentación do concurso Á procura de LOL: LOL é un obxecto que está agochado, percorre o mercadiño na súa procura para gañar vales de compra no comercio adherido ao movemento LocalmenteLucense.

11.30 h – 13.30 h A maxia está presente Espectáculo familiar e divertido onde o público participa sen parar. Imposibles xogos visuais mesturados con humor e misterio. Unha viaxe a un mundo onde todo se presenta susceptible de ser transformado, onde nada é imposible, atréveste?

De 13.30 h. a 15.00 h. LocaLmente Lucense para a veciñanza: dende vender a facer o que máis lles guste. Unha oportunidade para que escolas de música, academias de baile e danza, pintura ou manualidades, así como asociacións, agrupacións ou veciñas/os se presenten con mostras, actividades ou incluso para vender aqueles materiais que desexen.

15.00 h. Concurso PICNIC DE POSTAL: espazo para que veñas co teu pícnic (manta, xantar…). A parcela mellor decorada terá premio (vales de compra para gastar no comercio LocaLmenteLucense)!

17.00 h. Apertura de postos

18.00 h. – 19.00 h. Mira o coyote Espectáculo de maxia adaptado a público infantil, con xogos moi participativos e interactivos, moi divertido e sorprendente onde a improvisación e os sorrisos predominan durante toda a función.

De 20.00 h. a 21.00 h. LocaLmente Lucense para a veciñanza: dende vender a facer o que máis lles guste. Unha oportunidade para que escolas de música, academias de baile e danza, pintura ou manualidades, así como asociacións, agrupacións ou veciñas/os se presenten con mostras, actividades ou incluso para vender aqueles materiais que desexen.

21.00 h. Entrega de premios dos concursos do día

21.00 h. Fin da xornada

Detalles

Fecha:
31 de julio, 2022
Categoría del Evento: