lunes, agosto 8, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Mesa redonda – A relación entrea a muralla e o museo provincial de Lugo

30 de noviembre, 2020 - 12:00

Con motivo do vixésimo aniversario da declaración da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade, efeméride que terá lugar o vindeiro día 30 de novembro, a Rede Museística da Deputación de Lugo, organiza para esa xornada, ás 12:00 horas, unha MESA REDONDA ON LINE sobre A RELACIÓN ENTRE A MURALLA DE LUGO E O MUSEO PROVINCIAL, na que se fará un repaso ao papel desenvolto por este museo en relación coa Muralla.

Esta mesa redonda será a través do Facebook do Rede Museística e nela van participar persoal do Departamento de Didáctica, Encarna Lago e Enrique Alcorta Irastorza, responsable da Sección de Arqueoloxía e Historia do Museo Provincial de Lugo e un dos principais investigadores sobre a Muralla de Lugo, pois foi o arqueólogo que dirixiu varias campañas de escavacións no noso monumento ademais de participar no proxecto para a súa declaración como Patrimonio da Humanidade.

Detalles

Fecha:
30 de noviembre, 2020
Hora:
12:00
Categoría del Evento:
X