Mostra aberta do proceso de creación de «Hacer amor»
Hacer amor é un musical das Hermanas Gestring.
As Hermanas Gestring (Laura e Greta, tamén coñecidas como Aletra e Virtue) MORRERON. Sacrificaron as súas cabezas ante Hades e cantaron sobre a súa propia tumba para ser devoradas por unha medusa da Illa máxica de Eivissa. Pero 3 anos e 18 días despois RESUCITARON. Son a nova voz que este mundo necesita. Traen o milagre da vida: O AMOR.
As Hermanas Gestring dinnos: Todo está gris nas vosas almas. Non hai agarimo entre as persoas, non hai coidado cara ao Planeta. Hai que FACER AMOR.
Hacer amor será un paseo polas montañas, un amencer, un retiro espiritual, un mirar a cheminea nun domingo de choiva. Será unha tortilla de patacas.
As Hermanas Gestring dinnos: Humanos, necesitádesnos, estades cheos de odio e a ansiedade vos corroe por dentro, xa está ben, é a hora, hai que HACER AMOR.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte