14.4 C
Lugo
Dom, 4 Jun 2023
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Mostra Arte de Portas Abertas 2022

19 de noviembre, 2022 - 20 de noviembre, 2022

Mostra Arte de Portas Abertas 2022

Obradoiros abertos

A área de Cultura facilitará que a veciñanza poida visitar os obradoiros de 17 artistas os días 19, 20, 26 e 27 de novembro entre as 16 e as 20 horas. Recoméndase concertar as visitas de xeito telefónico con cada un dos obradoiros para facilitar o cumprimento das cabidas de cada instalación.

Na mostra participan Telarete (cerámica e poesía), Sergio Marei e Solaina (arte multidisciplinar), Tuli RG ( ilustración e pintura), Edu Fernández (pintura), Gema López Estudiodearte (pintura), Andrés Haensel Hänselus (mix media e audiovisual), Leira (arte multidisciplinar), Miguel Anxo Macía (pintura), Iago Eireos (pintura e fotografía), Xoan Vila (escultura), Julio Gesto (pintura), Ceniza de papel (cerámica), Elena Belgrano Educohabitar (arquitectura e mix media), Cris Bamio – Arte (pintura e fotografía), T de Tete (deseño textil).

Artistas con espazos no Vello Cárcere

Durante os 4 días da mostra, 6 artistas contarán cun espazo no Vello Cárcere. Serán Juan Pablo Mastroiani (pintura), Jo Jo (pintura), Ana Cabanes Fontao (pintura e escultura), Miguel Fernández (ilustración), Martín Blanes (audiovisual) e Carmen Porteiro (fotografía).

Ademais, as salas La Catedral I, La Catedral II e Nova Rua Arte abrirán tamén as súas portas durante a mostra Arte de Portas Abertas.

Paseos con Queila

Durante a mostra a área de Cultura organiza 4 paseos coa guía turística Queila. Terán prazas limitadas por orde de inscrición previa no correo vellocarcere@lugo.gal ou no teléfono 982 297 195.

Sábado 19 de 17 a 20h – saída desde o Vello Cárcere
Domingo 20 de 17 a 20h – saída desde o Vello Cárcere
Sábado 26 de 17 a 20h – saída desde a praza do Campo
Domingo 27 de 17 a 20h – saída desde o Cei Nodus

Detalles

Comienza:
19 de noviembre, 2022
Finaliza:
20 de noviembre, 2022
Categoría del Evento: