lunes, agosto 8, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Mostra de cianotipias e alfarería tradicional galega

14 de agosto

Mostra de cianotipias e alfarería tradicional galega
14 de agosto nos soportais da Casa do Concello, na praza Maior de 11 a 14 e de 17 a 20:30

Mª Xosé Xalgarete – Cianotipias

Demostración do procedemento fotográfico das cianotipias. Nel emprégase papel de acuarela e produtos químicos sensibles á luz que se expoñen directamente ao sol e así obtéñense finalmente imaxes en azul prusian. Ponse en práctica sobre distintos soportes ou negativos fotográficos esta técnica usada por primeira vez na Inglaterra de 1843.

Antón Román Vázquez – Alfarería tradicional galega

Demostración e exhibición de reprodución de pezas de alfarería tradicional galega, con explicación de ónde é cada peza (de Gundivós, Bonxe, Niñodaguia e Buño) e qué uso tiñan as pezas (queixeiras, sacaleites…) Esta actividade divulgativa busca que os visitantes tomen conciencia da importancia de que haxa relevo nos oficios, que haxa xente nova que continúe con eles.

Detalles

Fecha:
14 de agosto
Categoría del Evento:
X