
- Este evento ha pasado.
Mostra de decoración de cristal e talla de madeira
28 de agosto, 2022

Mostra de decoración de cristal e talla de madeira
28 de agosto nos soportais da Casa do Concello, na praza Maior de 11 a 14 e de 17 a 20:30
Eugenio Soto (Artesanía Corman) – Decoración de cristal
Demostración de tres técnicas de decoración tradicional de cristal: talla de vasos e copas cun torno eléctrico con pedra de esmeril nun eixe que contén rodas de distintas tipoloxías e ao rozar no cristal faille diferentes incisións; gravador máis superficial con puntas diamantadas; esmaltado de cristal mediante pintura e cocción en forno.
Carlos Graña (Verdecima, tallas de madeira) – Talla de madeira
Demostración do proceso de talla dun cunco de madeira: baleirado por dentro, tallado da forma externa, lixado e remate con distintos acabados dependendo de se o seu uso vai ser ornamental ou culinario.