11.8 C
Lugo
Mié, 29 Mar 2023
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Mostra de xabonería e instrumentos musicais

31 de julio, 2022

Mostra de xabonería e instrumentos musicais

31 de xullo nos soportais da Casa do Concello, na praza Maior de 11 a 14 e de 17 a 20:30

Lola Puñales – Xabonería

Demostración da elaboración dun xabón segundo a fórmula tradicional, a que se mantivo nas aldeas (apta para limpeza doméstica pero non a hixiene corporal), pero con medios máis modernos coma unha batedora eléctrica e coa participación dalgunha persoa do público. Tamén se falará da historia do oficio, do seu desenvolvemento durante os séculos XVIII e XIX, do que a industria xaboneira supuxo para a cidade de Lugo e do seu posterior declive.

Xoán Manuel Tubío Fernández (Xaneco) – Instrumentos musicais

Demostración de contrución dun instrumento musical dos que se realizan habitualmente no seu obradoiro. Faise cun criterio de calidade que busca poñer os instrumentos musicais galegos ao nivel dos doutras procedencias. Os instrumentos que realiza son de percusión tradicional e zanfonas.

Detalles

Fecha:
31 de julio, 2022
Categoría del Evento: