
- Este evento ha pasado.
Mostra de xoiería e de sombreirería artesanal
4 de septiembre

Mostra de xoiería e de sombreirería artesanal nos soportais da Casa do Concello, na praza Maior os domingos de 11 a 14 e de 17 a 20:30.
4 de setembro
Carla Canedo Martínez (Carla Alfaia) – Xoiería
Demostración que consiste na creación de filigranas de prata, a composición dun sapo e uns brincos coas filigranas formadas, realización das bóliñas necesarias e o soldado de todas as pezas que compoñen as xoias.
Julia Vilariño -Sombreirería artesanal
Demostración do oficio de sombreirería: cómo converter unha capelina ou campá de feltro ou fibras naturais nun chapeu, aprestado do tecido, modelado en hormas de madeira, prancha, vapor, costura…