lunes, julio 4, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

MusicAD 2019: Fernando Barroso & Margarida Mariño

23 de marzo, 2019 - 20:30

MusicAD 2019: Fernando Barroso & Margarida Mariño

Dentro da programación do MusicAD 2019 da Deputación de Lugo

Todos os concertos do MusicAD 2019 terán lugar na Sala de exposicións da Capela de Santa María ás 20:30 horas. As entradas, que son totalmente gratuítas, deben de retirarse na web de ataquilla.com, a partir do venres 22 de febreiro ata esgotalas. Cada persoa pode retirar un máximo 2 entradas para cada concerto.

Sábado 23 de marzo

Actuación do dúo formado por Fernando Barroso & Margarida Mariño. Barroso, é un músico ferrolán, compositor e produtor galego que actúa acompañado pola xove violoncellista viguesa Margarida Mariño, quen recibíu clases de prestixiosos violoncellistas como Cristophe Coin, Barbara Switalska, Asier Polo y Herre Jan Stegenga.

Actualmente Barroso é músico titular da Orquestra Sinfónica Vigo 430, do Ensemble Galeria e do dúo Treme. A súa bagaxe internacional ao longo destes anos levoulle a tocar en importantes escenarios de todo o mundo, con diversas bandas e proxectos persoais, e que desemboca no inicio a súa carreira en solitario, presentando o seu primeiro disco Intropía en 2016 e este novo traballo Silence lovers club – Mandolin pieces, presentando en xaneiro de 2018. Entre outros galardóns recibiu o “Premio Opinión ao Mellor Artista Galego 2016”.

Mandolin Pieces é un repetorio orixinal de 12 temas para mandolina. A música deste traballo
vén inspirada tanto por compositores clásicos doutras épocas como por instrumentistas actuais
de diferentes estilos e lugares do mundo, pezas que van dende o swing/jazz pasando pola
música persa ou barroca e a música popular.

Sábado 30 de marzo

Candorka Trio, formado por Brais Monxardín, Vadim Yukhnevich e Miguel Anxo López. Constitúe un proxecto que toma como eixo definitorio a música de raíz e a vontade de expresala desde a experimentación e o inconformismo.

FONSAGRADA é o seu primeiro traballo, froito da complementariedade e das inquedanzas de tres músicos que souberon conxugar o repertorio gaitístico e vocal da comarca da Fonsagrada con sonoridades que proceden do jazz europeo, o rock ou a vertente clásica.

Trátase dunha proposta contemporánea que abrangue do son máis enérxico até o intimista e que aposta pola modernidade sen renunciar a melodías que aínda conservan a capacidade para definirnos nun mundo cada vez máis global. Preséntasenos arroupado pola linguaxe pictórica de José Arias, caracterizada tamén pola introspección e a indagación. O resultado é un fluír e confluír expresivo que abre novos camiños e non deixa indiferente.

Detalles

Fecha:
23 de marzo, 2019
Hora:
20:30
Categoría del Evento:

Local

Sala de exposicións da Capela de Santa María
Ronda da Muralla, 140
Lugo, Lugo 27004
Teléfono:
982 21 00 66
Web:
centrad.org
X