
MUSICALMENTE (Concertos para bebés)
29 de enero

MUSICALMENTE (Concertos para bebés)
Paulo Lameiro
Domingo, 29 de xaneiro de 2023 16:30 hs.
Domingo, 29 de xaneiro de 2023 18:00 hs.
Idade recomendada; Dos 0 aos 3 anos.
Sinopse:
Concertos para bebés É una experiencia única para criaturas de 0 a 3 anos, que descubrirán a música en directo e que a compartirán coa súa familia.
Os concertos teñen como matriz a chamada “música clásica”, pero contan cun repertorio de temas tradicionais, de pop-rock e de improvisacións vocais-instrumentais coa participación de todo o público.
De Monteverdi a Mozart, do cavaquinho aos didgeridoos. Con intérpretes apaixoados polos bebés, o tempo pasa voando e o concerto acaba nun plis-plas.
IMPORTANTE: Hai 40 entradas por pase que serán para os bebés, o acompañante non a precisa.
Entradas: A través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.