
- Este evento ha pasado.
Narración oral e humor con Lois Pérez
27 de junio, 2019 - 20:30

Sendo consciente de que comportarse solemnemente cando a ocasión non o require, non é ser solemne, senón ser idiota, Lois Pérez (narrador oral, poeta e comediante) achégase dende o humor e a narración oral á figura do arxentino Jorge Luis Borges, un dos escritores fundamentais a ter en conta na literatura universal, incluso en Lugo e pola Mariña.
Tendo en conta que a obra de Borges é infinita, deixaranse un par de aspectos da súa obra sen tratar no presente espectáculo, pequenas cousas, poñendo en práctica, iso si, o Teorema do Leite, de Parra: ordeñar unha vaca e logo tirarlle o caldeiro por riba da cabeza.
Por tanto, para asistir ao mesmo, non cómpre telo lido -nin a Borges nin, menos aínda, a Lois Pérez que, doutro lado, non o leu ninguén-, pero si ser puntuais -sabendo que o tempo non existe, é unha invención humana-.
*nota: Admítense persoas admiradoras do Sabato. E xa non digamos do domingo!