
- Este evento ha pasado.
Noite dos Museos
19 de mayo, 2018 - 18:00 - 22:00

Iluminándoas – Lugar: Sala de Exposicións do Museo Provincial de Lugo
Tarde intensa no MPL na que terán lugar diferentes actos, desde a recepción de obra doada por mulleres artistas, un faladoiro, unha visita guiada e unha proxección para iluminar na “noite dos museos” as sombras que escurecen a obra das mulleres. E ademais, dispoñeremos un tendal no que se visualizarán nomes ausentes de mulleres merecentes de seren recoñecidas.
18:00 Acto recepción por parte da deputada delegada de Cultura da Deputación, Pilar García Porto, da obra doada á Rede Museística polas artistas Carmen Porteiro e Violeta Bernardo.
18:15 Faladoiro para reflexionar sobre os discursos contraditorios arredor da percepción dos xéneros na arte. Interveñen artistas de distintas xeracións: Luz Darriba, Mónica Alonso, Gema López e Carmen Conde. Modera: Encarna Lago, xerente da Rede Museística.
19:30 Visita guiada a escuras ao Museo Provincial de Lugo, a cargo de Encarna Lago e a narradora de historias, Carmen Conde.
Percorrido por diferentes salas do MPL “iluminando” e comentando obras de mulleres. Esta visita continuarase no Museo Fortaleza de San Paio de Narla (Friol) a partir das 21:00h.
21:30 Proxección contra a fachada do Xardín do edificio do Museo Provincial de Lugo. Proxectaranse obras de mulleres custodiadas no almacén do MPL e outras imaxes con obras femininas procedentes doutros museos hiperconectados cos museos da Rede Museística.
OBRADOIRO
Obradoiro: Falar coas mans
Obradoiro interxeracional dirixido a familias para traballar a perspectiva de xénero a través da expresión plástica. Os obxectivos son promover a igualdade de xénero, fomentar o empoderamento das mulleres e promover o pensamento crítico a través do diálogo. Dirixido a parellas familiares (avós/avoas e netos/netas a partir de 6 anos). Prazas: 15 parellas (adulto + neno/a). Horario: de 18:00 a 19:30h. Este obradoiro foi seleccionado entre os vinte mellor valorados na Bienal Miradas de Mujeres 2018.
NOITE DOS MUSEOS NO MUSEO FORTALEZA DE SAN PAIO DE NARLA.
Baixo o título Noite dos Museos no Museo, os membros do Club Pequeamig@s de San Paio de Narla reúnense para participar en obradoiros, escoitar un concerto, contar contos, cear e, despois durmir nesta fortaleza.