domingo, octubre 2, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Noite na Domus

27 de abril - 20:00

Noite na Domus

O programa ‘Noite na Domus’ ofrece este mércores 27 de abril a primeira das sesións programadas en 2022, na que se ofrecen dous pases, un ás 20.15 horas, e outro, ás 21.30.

O arqueólogo e director da escavación da Domus do Mitreo, Celso R. Cao, será o encargado de guiar esta visita, organizada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, e cuxo apartado musical correrá a cargo do compositor e intérprete Germán Díaz.

O obxectivo desta iniciativa, promovida desde a Área de Cultura da USC no campus de
Lugo, non é outro que o de afondar no coñecemento da historia a través dunha viaxe
musicada pola xacemento que permita ao espectador achegarse tamén ás diferentes
épocas históricas a través das súas composicións sonoras.

A participación no programa de visitas guiadas ‘Noites na Domus’ require entrada, polo
que as persoas interesadas en participar nos pases programados poden aínda
retirar a invitación nas oficinas da área de Cultura da Vicerreitoría de Coordinación do
campus de Lugo. Tamén se pode formalizar a petición a través do enderezo de correo
electrónico cultura.lugo@usc.es ou ben no número de teléfono 982 821 511.

O vindeiro 17 de maio haberá unha nova oportunidade para tomar parte neste programa de visitas musicadas ao xacemento mitraico.

Detalles

Fecha:
27 de abril
Hora:
20:00
Categoría del Evento:
X