Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Nova acción de #COIDEMOSLUGO

24 de octubre - 16:00

O Campus Terra da USC súmase á iniciativa cidadá #CoidemosLugo a prol da sustentabilidade ambiental e convida á comunidade universitaria, así como ao resto da cidadanía a tomar parte na intervención de limpeza e de sensibilización ambiental que este colectivo lugués desenvolverá o vindeiro 24 de outubro nas ribeiras do río Miño ao seu paso polo barrio da Ponte.

A vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel Armesto, fixo
visible este mércores o apoio do Campus Terra á acción de conservación medioambiental
programada no lugués barrio da Ponte, ao participar xunto co responsable da Área Social
do CB Breogán, Salva Arco, e co guía oficial de Turismo de Galicia Guido Álvarez Parga,
Guido Guía, no lanzamento da décimo cuarta acción de sensibilización ambiental
promovida por este movemento social lugués, cuxas pretensións están aliñadas coas do
Campus Terra no ámbito dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), sinalou
Valcárcel.

‘#CoidemosLugo’ conta xa cunha fonda pegada na cidade amurallada, na que, desde hai
máis dun ano, os chamamentos feitos por este colectivo cidadán para recoller lixo
teñense convertido nunha fórmula visible e eficaz de concienciar sobre un problema que
nos afecta a toda a cidadanía e do que todos formamos parte, dado que a enorme
cantidade de residuos que xeramos e que acaban tirados en calquera lugar, constitúe un
ataque directo ao noso patrimonio e ao medio natural.

Máis aló de ser unha acción de voluntariado ambiental pensada para facer partícipe á
comunidade universitaria, esta nova acción de #CoidemosLugo tamén está aberta á
participación de calquera persoa preocupada polo futuro do planeta e que decida
contribuír activamente a rachar con hábitos negativos e pouco sustentables.

Detalles

Fecha:
24 de octubre
Hora:
16:00
Categoría del Evento: