viernes, julio 1, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Teatro: O Secuestro da Bibliotecaria

10 de junio, 2018 - 18:30 - 19:30

Compañía: Sarabela Teatro
Duración: 55 minutos
Teatro xestual.
Recomendado para público de entre 5 e 12 anos.
A señorita Ernestina é a fermosa bibliotecaria da vila de Parangón. Aínda que é orfa e non ten familiares ricos, os bandidos desta peza decidiron secuestrala. Pretenden xerar un caos cultural que obrigue ás autoridades a pagar polo rescate da bibliotecaria.
Así e todo as intencións desta banda tomarán un novo camiño ao descubrir que a señorita Ernestina os contaxiou co virus da varicela. A poucas persoas lles acaen ben os grans na cara pero para uns ladróns resulta desastroso. Tomaría vostede en serio un ladrón con graíños? Pois non, parece ser a resposta máis obvia; así que os ladróns deben atopar unha solución para o seu problema, pero non teñen nin idea de onde buscala.
Por se todo isto fora pouco, un tremor de terra vén complicalo todo.
Promove:  Concellaría de Cultura, en colaboración con Agadic (Axencia Galega de Industrias Culturais) e do programa Apego para o fomento da lingua galega entre os pequenos e pequeñas, co fin de crear “un espazo de lecer onde poidan gozar os nenos e nenas cos seus pais e nais”. Haberá cinco actuacións os segundos domingos de cada mes ata xuño, excepto o de febreiro, por coincidir co Entroido

 

O importe das entradas é de 5€ para os adultos e de 2,5€ para os nenos e nenas. Venderanse a través da web entradaslugo.es, na Oficina Municipal de Turismo e no auditorio, desde unha hora e media antes das actuacións.

Detalles

Fecha:
10 de junio, 2018
Hora:
18:30 - 19:30
Categoría del Evento:

Local

​Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
Lugo, Lugo 27003 Spain
Teléfono:
982 24 44 05
X