
- Este evento ha pasado.
O Vello Cárcere – Documental «Nasrin»
9 de diciembre, 2021 - 20:00

O Vello Cárcere – Documental «Nasrin»
Organiza: grupo local de Amnistía Internacional
Xoves 9 de decembro ás 20h no Auditorio do Vello Cárcere de Lugo
Filmado en segredo en Irán por mulleres e homes que se arriscaron a ser arrestados para facer esta película, o documental é un retrato da avogada, activista de dereitos humanos e presa de conciencia, Nasrin Sotoudeh, e do movemento de dereitos da muller de Irán.
Nos tribunais e nas rúas, Nasrin loitou durante moito tempo polos dereitos das mulleres, nenas e nenos, minorías relixiosas, xornalistas, artistas…, e das persoas que enfrontan a pena de morte.
No medio da rodaxe, Nasrin foi arrestado en xuño de 2018 por defender a mulleres que protestaban contra a lei obrigatoria do hiyab de Irán. Foi sentenciada a 38 anos de prisión e 148 lategazos.
Cumpre a condena no cárcere de Shahr-e Rey, unha antiga granxa de polos, nunhas condicións extremadamente precarias.
O documental, narrado en inglés pola gañadora do Óscar Olivia Colman e subtitulado en español, conta coa participación do cineasta Jafar Panahi, a Premio Nobel da Paz Shirin Ebadi e a xornalista Ann Curry.