lunes, julio 4, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Obra de teatro: “Eroski Paraíso” de Chévere

2 de febrero, 2019 - 20:30

eroski-paraiso
  • Patricia de Lorenzo e Miguel de Lira presentan “Eroski Paraíso” e a Biblioteca de Teatro de Kalandraka editora na Librería Trama pola mañá ( + info en Viva Lugo)
  • «Eroski Paraíso» leva xa máis de 30.000 espectadores. 

«Eroski Paraíso”, do Grupo Chévere, despídese dos escenarios cunha xira que traerá a compañía galega ata o Auditorio Gustavo Freire de Lugo este sábado 2 de febreiro ás 20:30 horas, e o domingo día 3 ás 20:00 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval, de Ribadeo.

Dende a súa estrea hai tres anos, esta montaxe -galardoada cos Premios María Casares 2017 á mellor dirección, mellor espectáculo, mellor actriz protagonista e mellor canción orixinal- chega a 2019 con máis de 120 funcións en 63 localidades de 12 comunidades autónomas e máis de 30.000 espectadores, sendo un dos espectáculos galegos máis vistos e con maior proxección estatal dos últimos anos.

“Eroski Paraíso”, que foi a primeira produción do grupo logo de recibir o Premio Nacional de Teatro 2014, trátase dun proxecto escénico construído sobre a promesa dun paraíso social feita por un Estado de Benestar que agora se desmorona.

O paraíso prometido era en realidade un gran hipermercado. Este é o retrato dunha xeración que tivo todo ao alcance da man e andou pola vida como se andase polo corredor dun supermercado, sometida ás mesmas técnicas de márketing que se usan para influír nas decisións de compra das persoas consumidoras.

Esta comedia documental explora a memoria colectiva, a deriva vital e a transformación das relacións humanas a partir de historias reais recollidas sobre a sala de festas O Paraíso, que funcionou en Muros entre 1972 e 1990 ata que o local se converteu nun supermercado. Feitos coma este repítense en numerosas localidades onde os cines, as salas de festa e outros espazos de socialización transformáronse en lugares de consumo.

Dirección: Xron Elenco artístico: Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Cristina Iglesias, Luis Martínez, Fidel Vázquez.  Duración: 90 minutos

ENTRADAS – entradaslugo.es – 

Dentro da programación cultural do Auditorio Municipal Gustavo Freire

Detalles

Fecha:
2 de febrero, 2019
Hora:
20:30
Categoría del Evento:

Local

​Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
Lugo, Lugo 27003 Spain
Teléfono:
982 24 44 05
X