domingo, octubre 2, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Obradoiro ‘Así mo imaxinei’ – cómo foi o día da túa voda!-

24 de marzo, 2018 - 10:30 - 13:30

Dentro do programa EU… TI… ELAS… NOSOUTRAS, NOSOUTRXS EN REDE, terá lugar este obradoiro para adultos baixo o título ‘Así mo imaxinei’, que será impartido por María Xosé Domínguez.

Trátase dun taller creativo vencellado á temática da instalación desta artista: ‘Pegadas dun compromiso’, exposta na sala de exposicións da Diputación de Lugo, no que nos preguntaremos, desde a óptica do universo feminino, como foi o día da túa voda! E con imaxes dese día construiremos un relato que colectivamente servirá para compoñer, para a memoria e para o debate, un libro de artista coas experiencias reunidas.

«Abordarase o matrimonio coma un acontecemento para a reflexión e a crítica. Crearase un espazo de experimentación con papeis, teas, etc., e ensaiaremoscon distintas técnicas de encuadernación para a creación dun libro de artista baseado nun texto narrativo cuxo protagonista principal será unha noiva.»

Dado que as prazas son limitadas, 15 en total, a inscrición gratuíta vaise realizar por rigorosa orde no Departamento de Didáctica do Museo Provincial de Lugo.

Nota: Se as fotografías do día da túa voda están ambientadas en calquera dos museos da Rede Museística, podes traelas (ou remitilas previamente a info@museolugo.org) para que a experiencia sexa máis persoal.

Lugar: Sala de Exposicións Pazo de San Marcos

Detalles

Fecha:
24 de marzo, 2018
Hora:
10:30 - 13:30
Categoría del Evento:

Local

Pazo de San Marcos – Deputación de Lugo
Rúa San Marcos, 8
lugo, Lugo 27001
Teléfono:
982 26 00 00
Web:
deputacionlugo.org
X