lunes, octubre 3, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Obradoiro científico-artístico «Pelayo e o peixe cebra»

18 de junio, 2021 - 17:00 - 19:00

Talleres con peixe cebra na Praza Maior de Lugo

Obradoiro científico-artístico «Pelayo e o peixe cebra»

Os investigadores da Universidade de Santiago de Compostela ao fronte da iniciativa Pelayo y el pez cebra ayudan en la investigación de las enfermedades raras (www.precipita.es), no seu afán de dar a coñecer a sociedade este proxecto de investigación propoñen unha nova actividade, esta vez destinada aos máis novos.

Os rapaces poderán aprender ciencia a través do peixe cebra (Danio rerio), organismo que se está a usar cada día máis na investigación biomédica. Sacarémolos cebriñas do acuario para levalos a rúa co obxectivo de que se comprendan mellor os motivos polos que este peixe sirve de modelo para coñecer e poder investigar as enfermidades. Falaremos das súas características,coidados, reprodución e utilidades.

A través dunha lupa microscópica verán os seus tecidos, órganos e o seu rápido
desenvolvemento embrionario, todo isto e moito máis!

Se o teu fillo ten entre 5 e 10 anos pode participar neste Obradoiro científico-artístico.
Animádevos e vide aprender con Pelayo!

Detalles

Fecha:
18 de junio, 2021
Hora:
17:00 - 19:00
Categoría del Evento:
X