
- Este evento ha pasado.
Obradorio infantil “Crea o teu cartaz de San Froilán”
26 de septiembre, 2020 - 17:00

PRAZAS ESGOTADAS Obradorio infantil “Crea o teu cartaz de San Froilán”
SÁBADO 26 de setembro 2020
Acto: Obradorio infantil “Crea o teu cartaz de San Froilán”
Lugar: MIHL
Horario: das 17 h. ás 19 h.
Organiza: Departamento Didáctica MHL
Público: nen@s de 4 a 12 anos
Inscricións e contacto: telefónica, por orde de chamada ao 982297446
Descrición: Ás portas da chegada dunhas das datas máis sinaladas no calendario lucense, o “San Froilán”, dende o Departamento de Didáctica do MIHL propomos unha actividade artística para que @s máis cativ@s da casa non deixen de disfrutar dunhas festas que forman parte da nosa identidade.
O obradorio “Crea o teu propio cartaz de San Froilán” está pensado para introducir @s nen@s no mundo das artes gráficas, concretamente no “cartelismo”.
Nunha primeira parte, máis teórica e visual, aprenderán un pouco sobre as orixes do cartelismo, e verán diferentes carteis que ao longo dos anos anunciaron as festas da nosa cidade, para posteriormente pasar á parte práctica, na que inspirándose no que para eles significan e representan as festas, deseñen e realicen o seu propio cartaz anunciador do San Froilán.
@s participantes aprenderán cómo os cartaces son un mecanismo de difusión da
información, e terán que utilizar a súa propia linguaxe artística para plasmar todo
o que para eles simboliza a celebración das festas de San Froilán.