
- Este evento ha pasado.
Ofrenda floral, música clásica e teatro no cemiterio municipal
5 de mayo, 2019 - 13:00
As actividades que organiza un ano máis o Concello para conmemorar o Día da Nai no Cemiterio Municipal de San Froilán, están enfocadas a ser un acto de acompañamento para as persoas que, nestas datas visitan o camposanto, co fin de realizar unha homenaxe familiar e íntima, proporcionándolles un ambiente cálido e acolledor.
As actividades comezarán ás 13:00 horas coa xa tradicional ofrenda floral, que irá acompañada dunha representación teatral, a cargo de Palioquiños e cia, baixo o título de Canto te quero nai! Apértasme?. Haberá ademais música clásica.