
- Este evento ha pasado.
Ópera «Lucia Di Lammermoor» dende o Teatro Real
7 de julio, 2018 - 21:30
Retrasmisión en directo da ópera Lucia Di Lammermoor, de G.Donizetti, dende o Teatro Real. Poderá verse o sábado, dende as 21:30 horas, en pantallas no Vello Cárcere. Esta actividade, a que se quixo sumar o Concello, está enmarcada dentro da Semana da Ópera.
Lucia Di Lammermoor é unha obra basada na truculenta novela histórica de Walter Scott, que Salbatore Camarano transformou en libreto. É un melodrama romántico, con emocións exacerbadas, amores imposibles, traicións ou loucura.