Os Bar Ban Sónicos en concerto
Este sábado 3 de decembro a partir das 22:30h en «El Diablo Bar» de Lugo (Recanto do Miño) terá lugar o concerto da banda de garaxe punk da Pobra do Caramiñal «Os Bar Ban Sónicos».
O concerto fai parte da xira de presentación do álbum da banda «Quimicamente Impuro»
http://spoti.fi/3FdM5Ot publicado a finais de novembro do 2021.
Mais neste concerto tamén presentarán un novo álbum «Galician People Speak Galego» formado polas versións de clásicos do rock, do punk e do garaxe que foron adaptando ao seu estilo e idioma e que forman parte do seu repertorio.
11 cancións que forman parte desta colección autoproducida de músicas versioneadas e presentadas nun formato moi orixinal e novedoso, un fanzine onde se atopará un código QR para acceder ás cancións, e tamén se poderá atopar información sobre as cancións e a maiores uns pequenos agasallos: acceso a material audiovisual exclusivo e inédito do grupo …