jueves, septiembre 29, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Pasarrúas: Os Bolechas

4 de enero, 2019 - 18:00

O Concello invita aos Bolechas a Lugo polo Nadal para que sexan eles mesmos os que repartan entre os nenos e nenas o seu último conto Os Bolechas fan un barrio multiecolóxico en Lugo, no que dun xeito divertido contan como se contrúen vivendas e contornas urbanas máis ecolóxicas e sostibles.

Braulio, Sonia, Loli, Pili, Carlos e Tatá, así como o seu cadelo Chispa, percorrerán as rúas do casco histórico xunto co seu peculiar coche.

O pasarrúas comezará na praza de San Marcos, fronte á Deputación de Lugo, cara a Praza de Santo Domingo, dende onde seguirá pola rúa da Raíña ata chegar á Praza Maior, fronte ao Concello, lugar no que terá lugar unha actuación musical dos Bolechas. Posteriormente, dirixiranse á praza de Campo Castelo ata o Vello Cárcere, onde se celebrará o final da festa e regalarán o seu libro sobre o barrio multiecolóxico de Lugo

No novo libro dos Bolechas, estes famosos personaxes creados por Pepe Carreiro presentan aos máis cativos as actividades promovidas polo proxecto europeo Life Lugo + Biodinámico impulsado polo Concello de Lugo, pioneiro na planificación ecosostible en cidades de tamaño medio, aproveitando o uso de recursos naturais propios e potenciando a economía verde.

Entre as medidas a desenvolver figuran a construción do primeiro edificio público levantado con madeira de Galicia, o deseño do primeiro barrio multiecolóxico de España e a elaboración dun catálogo de solucións urbanísticas sostibles, exportable a outras cidades europeas.

Detalles

Fecha:
4 de enero, 2019
Hora:
18:00
Categoría del Evento:
X