domingo, octubre 2, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Película: Western

10 de octubre, 2018 - 19:30

Director: Valeska Grisebach
País: Alemaña, Austria, Bulgaria
Ano: 2017
Xénero: Drama | Inmigración
Duración: 121 minutos
Produtores: Komplizen Film
Guión: Valeska Grisebach
Dirección de Fotografía: Bernhard Keller
Montaxe: Bettina Böhler
INTÉRPRETES: Meinhard Neumann, Reinhardt Wetrek, Waldemar Zang, Detlef Schaich

SINOPSE:

Un grupo de traballadores alemáns chega a unha afastada vila búlgara para construír unha central hidráulica. Mais perante a falta de recursos e agardando por eles, matan o tempo con actividades anódinas. A súa actitude fachendosa coa paisaxe, a contorna e as mulleres da aldea conformarán elementos de tensión cos habitantes do lugar, cos que só un dos traballadores semella desenvolver unha relación cordial e de curiosidade.
Tomando varias das constantes temáticas do western e a capacidade do xénero para realizar un comentario político, Grisebach crea un relato poliédrico, en que un dos principais intereses é a desigualdade que debuxa entre o concepto económico da Europa do Norte / Sur ou as tensións políticas latentes do Oeste / Leste.

VOSE

PREMIOS: 2017: Festival de Cannes: Un Certain Regard (Sección oficial) 2017: Festival de Mar del Plata: Mellor director 2017: Festival de Sevilla: Premio Especial do Xurado 2017: Premios del Cine Alemán: Nominada a Mellor película Mellor director

Detalles

Fecha:
10 de octubre, 2018
Hora:
19:30
Categoría del Evento:

Local

Casa do Saber
Praza Pío XII, 3
Lugo, Lugo 27001
X