jueves, noviembre 3, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Pequeclassics «As cores do metal»

15 de octubre - 19:00

Pequeclassics «As cores do metal»

O festival Pequeclassics, que ata o 6 de novembro presentará en diversas cidades galegas seis espectáculos musicais dirixidos a nenos e rapaces, achega este sábado a Lugo «As cores do metal», un espectáculo producido por L’Auditori de Barcelona, cunha posta en escena que sorprenderá a toda a familia.
As cores do metal combina obras de Duke Ellington, de Henry Purcell, de Pee Wee Ellis e de Erik Sati… interpretadas por seis instrumentos de vento. Ven a coñecer ‎as cores da familia dos instrumentos de vento de metal a través de músicas de épocas ‎e estilos moi diversos.
O mundo do jazz e da clásica, entre moitos outros, conviven harmonicamente nun concerto estimulante.
As cores do metal é unha invitación para entrar no mundo da música a través dos instrumentos máis resplandecientes dunha orquestra; instrumentos, tamén, cos que conectan rapidamente os máis miúdos cando aprenden a soprar un chifre ou unha trompeta de xoguete.
No espectáculo, escoitarán a voz potente das trompetas, da tuba, da trompa, do saxofón e do trombón, acompañados pola batería e a percusión, imprescindibles para poñer ritmo a determinados estilos musicais.
Quen sabe? Quizais mesmo incorpore algunha canción tradicional que, seguro, as familias terán tarareado aos seus pequenos.

DATA: Sábado 15
HORA: 19.00 h
LUGAR: Auditorio Gustavo Freire (Lugo)

Unha producción de: L’Auditori de Barcelona
Idade recomendada: 
A partir de 2 anos
Duración:
 50 minutos

As entradas xa están a venda en ataquilla.com a un prezo de 5€ (+gastos)

Detalles

Fecha:
15 de octubre
Hora:
19:00
Categoría del Evento:

Local

​Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
Lugo, Lugo 27003 Spain
+ Google Map
Teléfono:
982 24 44 05