
- Este evento ha pasado.
Peter Punk Pallaso – «Punkdemia»
19 de agosto, 2020 - 17:30 - 19:00

Peter Punk Pallaso – «Punkdemia»
19 de agosto: Peter Punk Pallaso con «Punkdemia». Ás 17:30h e ás 19h. Canella do Hospital. Dentro de «O que queda de Verán»
Sinopse:
Peter Punk está de volta para convertirse no Doutor Punkdemia. Un espectáculo viral no que, a través de 4 Fases, mostrará a súa particular visión da pandemia.
Neste espectáculo, veremos como se viste un paiaso para protexerse da pandemia, malabares con coronavirus e asistiremos a unha técnica novidosa para botar o virus do noso corpo empregando globos de xeito sorprendente. Contaremos coa axuda de Tranquilo, un vello amigo de Peter Punk sempre disposto a colaborar. E para finalizar, daremos a volta á curva para descubrir unha Vacina da Risa. E subiremos na Corentrona, unha cadeira de rodas na que Peter Punk mostrará as súas habilidades e baixará a rampa da desescalada para batir co muro dos recortes. Conseguirá derribalo?
Entradas: entradaslugo.es