
- Este evento ha pasado.
Pinchada de Big Voxx Man
21 de mayo - 23:30

Pinchada de Big Voxx Man
Tele-Clube Lugo comprácese en presentarlles a primeira grande pinchada do ano para celebrar o que cada unha queira!
Onde? No Ho Gruf, claro, na casa, no fogar bar musical favorito.
Quen? Alex Lorenzo Big Voxx Man, todo un mestre dos sons garaxeiros e sixties aos pratos.
Despois de 2 anos de reclusión Covid e post Covid, o dj coruñés Alex Big Voxx Man volve á carga con máis kilos enriba, e unha boa morea de singles sen estrear.
Tele-Clube Lugo ten a honra de estrear as sesións de pinchadas nocturnas do Ho Gruf co poder evocador de bailes suorosos de Alex Lorenzo.
Álex organiza festas do colectivo Monkey Mambo e pincha en festivais como: Freakland, Big Rumble, Felipop, Wachina Fest, La Bruta Fest, Outono Rock Festival, Touliña Pop, ou festas como Viva Las Vegas en Madrid ou Bárbaro Chico (Xixón).
Tamén pinchandas en concertos con The Cynics, The Fleshtones, The Dictators, The Staggers, Radio Birdman, Hombre Lobo Internacional…
A misión do noso dj convidado será facer que todos os asistentes, berren e bailen ao ritmo de distintos sons tribais: cancións de monos, R&B graxento, negros con tupé e moito garaxe primitivo.
Que empece a festa!!