
- Este evento ha pasado.
Podcast Café Derby 21 na libraría Trama
27 de octubre - 19:30

Podcast Café Derby 21 na libraría Trama
Xoves 27 de outubro ás 19:30h, a entrada é de balde.
O podcast Café Derby 21 chega a Lugo este xoves para falar coa autora lucense Alicia Pena, que ven de presentar a súa novela gráfica Gallina Clueca, sobre a vivencia dunha parella de mulleres no seu camiño para ser nais.
Café Derby 21 é un dos podcast máis destacados do panorama galego, un programa que vai na súa terceira temporada, desta vez apostando polo formato en directo, gravando os programas con público.
Durante case unha hora Nico Carreira, Adrián Lede e Carme D. Prol falarán con Alicia Pena sobre a familia, tema que se toca na obra da autora, relacionándoo coa actualidade cultural e popular, nunha charla aberta e distendida onde a improvisación e o humor marcan o ritmo.