lunes, julio 4, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Presentación: «Común temos a patria. Biografía dos Villar Ponte»

14 de abril, 2018 - 12:30 - 14:00

Presentación do libro «Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte», co acompañamento de Lois Pérez.

«Todo canto eu fixen se acha ateigado dun amor a Galiza que calquera poderá igualar, pero nunca superar.» A frase de Ramón Villar Ponte, igualmente aplicábel a seu irmán Antón, resume perfectamente o norte que guiou a intensa, continua e poliédrica actividade cívica, política, cultural, xornalística e literaria destes dous irmáns no sangue e na patria que idearon no seu día, «en parolas íntimas», as Irmandades da Fala. Desde a prensa, o folleto, a carta, o libro e a tribuna, os irmáns Villar Ponte resultaron decisivos na configuración dun tempo en que a lingua se fixo bandeira e Galiza comezou a se sentir nación plena á procura dos seus dereitos. Emilio Ínsua e Xurxo Martínez relatan esta singradura irmandiña botando man dunha inxente cantidade de documentos inéditos ou descoñecidos que permiten ofrecer un retrato complexo e axustado destes dous membros destacados da Xeración de 1916. Un esforzo de síntese ameno e rigoroso para dar conta dunha obra de magnitude e relevancia verdadeiramente xigantescas. – Ed Xerais – 

Xurxo Martínez González – fb –

Detalles

Fecha:
14 de abril, 2018
Hora:
12:30 - 14:00
Categoría del Evento:

Local

Librería Trama
Avenida A Coruña, 21
Lugo, 27003
Web:
https://www.libreriatrama.com/
X