miércoles, noviembre 2, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Presentación da exposición “Ánxel Casal, 125 anos con Nós”

3 de marzo - 20:00

Presentación da exposición “Ánxel Casal, 125 anos con Nós”

O Club Cultural Valle-Inclán colabora coa Asociación Cultural Ánxel Casal de Arzúa na presentación da exposición “Ánxel Casal, 125 anos con Nós” que se poderá ver no Vello Cárcere de Lugo entre o 12 de febreiro e o 15 de marzo de 2022, en horario oficial de visitas.

O espírito de este proxecto é chegar ao maior número de poboación posible e, sobre todo, dar a coñecer a figura de Ánxel Casal e María Miramontes.

A mostra forma parte da campaña que a Asociación Cultural Ánxel Casal está a levar a cabo para que Casal sexa homenaxeado no día das Letras Galegas e darlle o recoñecemento que se merece como a persoa impulsora do libro galego de seu.

É parte dun proxecto que quere facer chegar a importancia de Ánxel Casal nos eidos da cultura, da política e o seu compromiso cunha Galiza nova e dona de si mesma a todos os recantos do país.

Completará a exposición a proxección de un documental que será presentado polo comisario da mostra, Xan Leira, no Salón de Actos do Vello Cárcere, o día 3 de marzo, ás 20:00 horas. 

Entrada libre e de balde.

Detalles

Fecha:
3 de marzo
Hora:
20:00
Categoría del Evento:

Local

O Vello Cárcere
Av. Alcalde Anxo López Pérez, 10
Lugo, Lugo 27002 Spain
Teléfono:
982 29 71 95