miércoles, noviembre 9, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Presentación da “Guía Práctica Foro Patrimonio e Sociedade”

16 de noviembre, 2021 - 19:30

Presentación da “Guía Práctica Foro Patrimonio e Sociedade”

Coincidindo coa Día do Patrimonio – 16 de novembro -, o Museo de Lugo acolle a presentación da Guía Práctica Foro Patrimonio e Sociedade, un documento promovido polo
Consello da Cultura Galega que recolle achegas dunha trintena de especialistas.

O acto farase ás 19.30 horas de forma simultánea en catro sedes, conectadas por videoconferencia.

Ademais do Museo de Lugo, o documento presentarase no Museo de San Antón da Coruña, o Museo Provincial de Pontevedra e a Biblioteca Municipal de Ourense.

Desde o Museo de Lugo, intervirán a coordinadora do documento, a arqueóloga e responsable da Sección de Patrimonio e Bens Culturais do CCG, Rebeca Blanco Rotea, e o
arquitecto Iago Seara

Segundo explican desde o Consello da Cultura Galega, a guía, elaborada como un documento aberto, trata sobre a labor de xestión patrimonial e quere tamén servir de referencia sobre os retos que esta debe asumir e sobre as temáticas que preocupan a unha representación ampla de todos os sectores implicados. Ademais, trata de ofrecer algunhas orientacións sobre os posibles métodos de traballo en relación co patrimonio cultural.

A guía está en formato dixital e dispoñible para descarga desde o web da institución.

Ligazón á guía: http://consellodacultura.gal/publicacion.php?id=4423

Detalles

Fecha:
16 de noviembre, 2021
Hora:
19:30
Categoría del Evento:

Local

Museo Provincial de Lugo
Praza da Soidade, s/n
Lugo, 27001
Teléfono:
982 24 21 12
Ver la web Local