
- Este evento ha pasado.
Presentación da publicación sobre Colmeiro, cor e sentimento
7 de abril - 20:00

Presentación da publicación sobre Colmeiro, cor e sentimento
Xoves, día 7, ás 20:00 horas, terá lugar no Museo Provincial de Lugo a presentación da publicación da artista Mónica Alonso sobre Colmeiro, cor e sentimento, obra editada pola Fundación Luis Seoane.
Neste traballo, Mónica Alonso realiza un amplo estudo do artista Manuel Colmeiro, dende unha lectura da cor e o sentimento na súa obra.
O estudo complétase coa atención a diferentes temas cromáticos como son o bodegón, a abstracción, o fauvismo galaico, o espazo interior e a paisaxe.
O libro inclúe un capítulo de relación coa obra de Luís Seoane a través do muralismo e o debuxo nos dous autores.
Este acto contará coa presenza de Maite Ferreiro, vicepresidenta da Deputación de Lugo; de Silvia Longueira, directora da Fundación Luis Seoane; de Encarna Lago, xerente da Rede Museística, así como tamén da propia autora.