lunes, julio 4, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Presentación de libro: «Ám@ame» na Librería Trama

15 de febrero, 2019 - 19:00

Presentación de libro: "Ám@ame"

Presentación de libro: «Ám@ame» na Librería Trama

Data: venres 15 de febreiro
Hora: 19.00
Lugar: Librería Trama

Autoras:  Chis Oliveira e Amada Traba Díaz. Editorial Galaxia.

Acompañando ás autoras estarán Carmen Blanco e Carmen Díaz Simón.

Ám@me é un libro que aborda da man de dúas das expertas que máis e mellor teñen traballado en Galicia as cuestións da sexualidade e a educación emocional na mocidade no noso país, a necesidade de reflexionar arredor das relacións amorosas e a aprendizaxe do amor. Porque a amar apréndese.

Chis Oliveira e Amada Traba deitan a súa ollada, dun xeito accesible e divulgativo, sobre a complexidade do amor nestes tempos onde todo cambia á velocidade da luz. Nestas páxinas atoparemos diseccionados, entre outros asuntos, o amor romántico, o concepto de “normalidade” no que ao sexo e o amor se refire, ou como o patriarcado constrúe o xénero e a idea do amor… non quedan fóra as cuestións, importantísimas, das identidades sexuais (feminidade, masculinidade, trans e inter), as redes sociais ou a violencia no contorno da parella.

Oliveira Malvar, Chis

Catedrática de Filosofía. Doutórase coa tese A educación afectivo sexual na adolescencia. Leva máis de trinta anos traballando estes temas con adolescentes e na formación do profesorado e do persoal sanitario. Foi presidenta da ONG de dereitos sexuais Federación de Planificación Familiar Estatal FPFE. Autora de numerosas publicacións sobre a materia, actualmente coordina o Comando Igualdade.

Traba Díaz, Amada

Licenciada en Ciencia Políticas e Socioloxía. Profesora da UVigo na materia de Socioloxía da Educación. Dende hai vinte anos participa en numerosas actividades de divulgación, formación, investigación e asesoramento no campo da socioloxía do xénero, nomeadamente nas que aplican a perspectiva de xénero á educación. Máis aló desa ocupación, publicou «A representación feminina no arquivo Pacheco» (2010)

Detalles

Fecha:
15 de febrero, 2019
Hora:
19:00
Categoría del Evento:

Local

Librería Trama
Avenida A Coruña, 21
Lugo, 27003
Web:
https://www.libreriatrama.com/
X