jueves, septiembre 29, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Presentación de «Malencolía» coa equipa do filme

1 de abril - 20:30

Presentación de «Malencolía» coa equipa do filme nos Codex

O Códex Cinema de Lugo acolle este venres 1 de abril unha proxección especial de Malencolía, a longametraxe de Alfonso Zarauza que se estreou o pasado 25 de marzo en 24 salas de cine galegas. O pase da película será ás 20:45h e estará presentado polo seu director e mais pola lucense Melania Cruz, actriz protagonista do filme, que manterán ao remate un coloquio co público.

Malencolía mestura o cinema de terror, a comedia e o desacougo vital para contar a historia dunha parella que regresa ao rural galego tras vivir varios anos en Berlín. Nesta a súa 6ª longametraxe, o director da premiada “Ons” adéntrase por primeira vez no cinema de xénero, que usa dun xeito pouco convencional, partindo da rica tradición galega oral e literaria sobre o medo para engadir elementos do estilo americano slasher de asasinos en serie e gore, e tamén boa dose de humor.

Detalles

Fecha:
1 de abril
Hora:
20:30
Categoría del Evento:

Local

Codex Cinema
Plaza Viana do Castelo nº4
Lugo, Lugo 27003
+ Google Map
Web:
https://codexcinema.com/
X