
- Este evento ha pasado.
Presentación de material educativo para familias e AMPAS
2 de marzo - 17:30

Dentro do Plan de Igualdade da Rede Museística da Deputación de Lugo, o próximo día 2 de marzo, ás 17:30 horas, terá lugar no Museo Provincial de Lugo a presentación de diverso material educativo para familias e AMPAS.
Este acto contará coa presenza de Maite Ferreiro, vicepresidenta da Deputación de Lugo; de Encarna Lago, coordinadora do plan e xerente da Rede Museística, e de Aurelia Balseiro, directora do Museo Provincial de Lugo; ademais de persoal de didáctica dos catro museos que integran esta rede.
Ao remate da mesma, haberá unha visita guiada ás exposicións Recolectoras e Proximidade Llunyana.