domingo, agosto 14, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Presentación de «Non te amola!»de Xela Arias

10 de mayo, 2021 - 17:30

 

A profesora da USC na Facultade de Formación do Profesorado do Campus de Lugo e biógrafa de Xela Arias, Montse Pena Presas, presentará o vindeiro 10 de maio, a partir das 17.30 horas, no centro universitario lugués, o libro inédito da autora sarriá Non te amola!.

Este volume, un libro infantil que permaneceu inédito desde a súa escrita nos anos 90
ata a actualidade, permite afondar no coñecemento da nena Xela, sobre todo da súa
infancia en Sarria e das súas relacións familiares.

A presentación deste libro, ilustrado por Luz Beloso e publicado na Editorial Galaxia,
desenvolverase no marco dun acto público no que tamén estará presente o editor de
Galaxia, Francisco Castro, e o fillo da escritora a que rende homenaxe o Día das Letras
Galegas 2021, Darío Gil Arias.

 

Detalles

Fecha:
10 de mayo, 2021
Hora:
17:30
Categoría del Evento:
X